Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Os enderezos coa extensión europea poderán incluír letras como a "ñ"

O dominio .eu rexistrará caracteres multilingües a partir de decembro de 2009

11/09/2009 EURid, o organismo designado pola UE para xestionar os dominios .eu, anunciou onte lanzamento dos dominios multilingües con esta extensión a partir do vindeiro 10 de decembro.

“EURid apoia as 23 linguas oficiais da UE e os nosos empregados proceden de 20 dos 27 Estados Membros. Por iso o noso apoio aos Nomes de Dominios Internacionalizados é inherente a nós", manifestou o Director Xeral de EURid, Marc Van Wesemael.

Os IDNS (Nomes de Dominio Internacionalizados, polas súas siglas en inglés), son nomes de dominios que conteñen caracteres non-ASCII. Algúns exemplos son a letra å sueca, a ö alemana e os caracteres dos alfabetos búlgaro e grego.

Van Wesemael fixo este anuncio público durante a Reunión de Axentes Rexistradores do dominio .eu, que tivo lugar onte en Bruxelas. 

© Asociación Puntogal