Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

A consultora DBK presentou un informe sobre o sector do hosting en España

Prevese un crecemento do mercado de aloxamentos de máis do 7% no 2009

11/09/2009 Os analistas da esperan unha expansión do 7,6% no sector do hosting e do 7,2% na área de housing en España, segundo publican nun informe recente da consultora DBK, informa Siliconnews.
Este informe resaltou o crecemento do mercado español nos últimos anos, logrado grazas á externalización de aplicacións e centros de datos das compañías, o desenvolvemento de sistemas de información en entornos web e o incremento dos dominios, segundo recolle Europa Press.

Os especialistas cren que estes factores permitirán manter o crecemento en 2009 e 2010 pese ao complicado entorno económico, aínda que a alza xa non alcanzará os dous díxitos coma nos anos previos.

Cabe salientar que o mercado de hosting creceu un 11,9% en 2008, até os 330 millóns de euros. O housing, pola súa banda, avanzou un 11,1% e alcanzou unha cifra de negocio de 110 millóns de euros.

Os analistas de DBK destacaron a alta concentración do mercado: no caso do housing, as cinco primeiras empresas acaparan unha cota do 67%, mentres que, no segmento do hosting, as cinco compañías líderes dominan o 58% do mercado.

© Asociación Puntogal