Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Haberá un premio do xurado e un premio por votación popular

puntCAT premia as mellores fotos nas que apareza un dominio .cat

08/09/2009 A Fundación puntCAT organiza un concurso de fotos nas que aparezan dominios .cat, ofrecendo deste xeito unha ferramenta aos usuarios destes dominios  para poder promocionar o seu propio .cat, informan desde a propia Fundación
O dominio .cat, com máis de 37.000 dominios rexistrados e  un elevado número de webs activas e con contido, é cada día máis visible: escoitámolo na radio, vémolo na televisión, transportámolo nos nosos vehículos, vestímolo nas camisetas,.. É tan fácil de fotografar que a Fundación puntCAT creou, a través do Fotobloc , un novo concurso de fotografías sobre dominios .cat.

Desde o 7 de setembro e ata o 23 de outubro de 2009 todo o mundo pode enviar ao concurso fotos nas que apareza ben visible calquera dominio .cat. Só fai falta entrar a http://fotobloc.dominio.cat e a través dun formulario sinxelo, subir a foto que, unha vez validada por puntCAT, será publicada.

Ademais de dar a coñecer gratuitamente a web que se queira, os participantes poden gañar múltiples agasallos. Por unha banda, un xurado formado por 3 membros do ámbito da fotografía e do mundo audiovisual escollerá a mellor foto  segundo o seu criterio, galardonándoa cunha cámara dixital reflex semiprofesional.

Doutra banda, d o 23 ao 31 de outubro , haberá unha votación popular onde todo o mundo poderá dar un único voto á fotografía que máis lle guste, que será premiada cunha cámara de fotos compacta de gama alta. Tamén haberá interesantes premios para as 30 fotos mellor valoradas. Os gañadores, así como os nomes dos membros do xurado, faranse públicos o 2 de novembro.

Para máis información, consulta as bases do concurso á web do Fotobloc, http://fotobloc.dominio.cat.

Diferentes ferramentas promocionarán as fotos

A diversidad da rede puntCAT poderase apreciar a través de varias plataformas que darán a coñecer as fotos dos dominios .cat e os interesantes dominios que aparecen. Cada día publicarase no Facebook, Twitter e Flickr de puntCAT, unha foto escollida  aleatoriamente de entre as publicadas ao concurso.

Estas iniciativas responden ao desexo da Fundación puntCAT de ofrecer ferramentas aos usuarios de dominios .cat para que poidan promocionar os seus propios dominios. En palabras do director xeral de puntCAT,  Jordi Iparraguirre, “o .cat é o único dominio de primeiro nivel que promociona gratuitamente os dominios das empresas e particulares que rexistraron .cat, un motivo máis, ademais  da solidez técnica e da seguridade, para usar un dominio .cat”.

© Asociación Puntogal