Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

ASÍ LLO TRANSMITIRON A PUNTOGAL SECRETARIA XERAL DE MODERNIZACIÓN E O SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA

A Xunta de Galicia compromete todo o seu apoio para crear o dominio .gal

02/07/2009 A Xunta de Galicia comprometeu todo o seu apoio coa iniciativa da Asociación PuntoGal, que procura a construción dun espazo específico en internet para a lingua e cultura galegas, o dominio .gal. Así llo transmitiron hoxe a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica de Presidencia, Mar Pereira, e o secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación, Anxo Lorenzo, aos representantes de Puntogal.

 

Durante a reunión, o presidente da asociación, Manuel González, o vicepresidente, Camilo Regueiro, e o secretario, Darío Janeiro, informaron aos secretarios das xestións que se levaron a cabo para conseguir pór en marcha na rede este dominio. Así mesmo, desde a asociación PuntoGal informouse de que a ICANN –o organismo encargado de regular Internet e de conceder ou denegar novos dominios– publicará cara a finais de 2009 a guía final que contén todos os requisitos que deben cumprir as candidaturas para obter o dominio e que esperan poder recibir as primeiras solicitudes no primeiros trimestre do 2010.

© Asociación Puntogal