Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

FOI DIRECTOR DO CENTRO NACIONAL DE CIBERSEGURIDADE DOS ESTADOS UNIDOS

Rod Beckstrom, novo Presidente e CEO da ICANN

29/06/2009 Rod Beckstrom foi nomeado como novo CEO e presidente da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN). A designación concretouse na 35º reunión do organismo que levou a cabo a semana pasada en Australia, informa Silicon News.

 

"Beckstrom foi o exitoso CEO dunha empresa global, realizou traballos voluntarios e é un autor bestseller", comentou o actual director de ICANN, Peter Dengate Thrush, ao xustificar o nomeamento.

Beckstrom, quen tamén foi director do US National Cybersecurity Center (Centro Nacional de Ciberseguridade dos Estados Unidos), sinalou en declaracións reproducidas por TG Daily: "A importancia de Internet como unha fonte de información que flúe libre está a ser subliñada agora mesmo cos eventos de Irán. Isto mostra o poder da expresión humana a través dunha rede libre e aberta."

A designación de Beckstrom foi apoiada por personalidades como o CEO de Google, Eric Schmidt, e o directivo de VeriSign, Mark McLaughlin. "Estou un pouco atafegado pola enorme complexidade dos asuntos que teremos que tratar. Este é, quizais, o escenario máis complexo que vin", expresou Beckstrom a The Washington Post.

Nos últimos meses, a Unión Europea ten avogado por unha ICANN independente dos Estados Unidos. A asociación sen ánimo de lucro ten a súa base en California e atópase ligada ao Departamento de Comercio do Goberno dos Estaodos Unidos

© Asociación Puntogal