Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Presentación da campaña "Navega en català"

23/04/2009
A Fundación puntCAT presenta no día do San Jordi a campaña "Navega en català" co obxectivo de explicar os beneficios de configurar os navegadores co catalán como lingua predeterminada e describir os pasos para poder facelo en só 30 segundos.

 Segundo informa a Fundación puntCAT, entidade responsable de establecer os requisitos de rexistro do dominio .cat, desde hai algúns meses algúns administradores de webs en catalán veñen detectando unha baixada no número de visitas de navegadores que inidican ter o catalán como lingua predeterminada.  Esta situación, debida en parte a non configurar adecuadamente os navegadores, ten dúas implicacións. Por un lado, os internautas non poden ver os planos en catalán que as webs multilingües ofrecen directamente aos navegadores correctamente configurados. Polo outro, o catalán perde visibilidade na Internet xa que cae o número de visitas feitas con navegadores nesta lingua, o que pode comportar que algunhas webs agora multilingües deixen de lado o catalán ou ben non se plantexen incluílo no futuro se non hai suficiente volume de visitas deste tipo de navegadores. Por iso, desde puntCAT salientan a importancia de que os navegadores, ademais de contar coa lingua catalá nos seus menús, tamén a teñan como lingua predeterminada. En navegacatalà.cat explican detalladamente o proxecto e ofrecen unhas sinxelas instruccións e vídeos para poder configurar o navegador en tan só 30 segundos. Máis información en www.domini.cat e www.navegacatalà.cat. 

© Asociación Puntogal