Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Tres millóns de dominios .eu rexistrados en tres anos

14/04/2009
O primeiro trimestre do ano 2009 o rexistro do dominio europeo creceu un 2%, supérandose xa a cifra dos tres millóns de dominios rexistrados.
Esta cifra viuse refrendada pola decisión de Suecia de adoptar "nun xesto simbólico" este dominio para o sitio web dedicado á súa presidencia na Unión Europea.

Este aumento de espazos .eu non se viu afectado pola crise, xa que no primeiro trimestre de 2009 se rexistrou un crecemento do 2% e a terminación consolidouse como o quinto dominio de primeiro nivel de códigos de países por orde de popularidade en todo o mundo.

En concreto, os rexistros do .eu aumentaron anualmente desde a súa introdución hai tres anos, o 7 de abril de 2006 ata alcanzar os 3.050.000 dominios. A presenza destes espazos web prodúcese principalmente nos países da UE máis poboados e cunha penetración de Internet máis elevada, como Alemaña (tres de cada dez dominios), Países Baixos (14%), o Reino Unido (12%), Francia (8%) e Polonia (6%).

© Asociación Puntogal