Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

PuntoGal consegue máis de 500 apoios no Xuventude Galiza Net '09

07/04/2009
PuntoGal acadou arredor de 600 sinaturas a prol do dominio galego na exitosa campaña que levou a cabo na décima edición do Xuventude Galiza Net. Deste xeito superáronse xa os 10.600 apoios individuais
A Asociación PuntoGal estivo presente durante os tres días que durou o encontro informático Xuventude Galiza Net, organizado pola Xunta de Galicia, no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela.

Información e material promocional

Polo expositor do PuntoGal, situado na entrada do recinto, pasaron unhas mil persoas: cativos, adultos, mozos e tamén maiores.  Moitos deles achegáronse para coñecer as novas da iniciativa a favor do .gal. Outros querían saber “que era iso de PuntoGal”. Recibiron material informativo no que se explica en que consiste a iniciativa a prol do dominio para a lingua a cultura galega e as vantaxes que podería ter a consecución do dominio. Entre elas cabe destacar a creación dun espazo propio en Internet para agrupar todos os contidos vencellados á nosa lingua e cultura e que permita identificar as empresas galegas nunha rede de redes cada vez máis extensa. Os asinantes levaron mochilas do PuntoGal, ademais de adhesivos e chapas co logo “Eu.gal” que chamaron á atención dos máis cativos. As mochilas e chapas formaron parte da vestimenta e “uniformes” dos asistentes e participantes no evento.

© Asociación Puntogal