Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Presentación da Asociación PuntuEus

02/02/2009
O pasado 29 de xaneiro presenteouse a Asociación PuntuEus, que ten por obxectivo conseguir o dominio .eus para a comunidade da lingua e cultura vascas.

 A Asociación PuntuEus constituise en abril de 2008 grazas á iniciativa de once asociacións e entidades de diversa índole, entre elas a Euskal Idazleen Elkartea (Asociación de Escritores Vascos), a Euskal Herriko Unibertsitatea (Universidade do País Vasco-UPV), a Euskal Irrati Telebista (Radio Televión Vasca -EITB) e o Euskadiko Informatikako Ingeniarien Elkargo Ofiziala (Colexio Oficial de Enxeñieros Informáticos de Euskadi).  A Asociación PuntuEus, en representación de toda a comunidade da lingua e da cultura vasca (EEKK ), será quen presente ante a ICANN a candidatura para obter o dominio .eus.   Coa creación do .eus, esta asociación pretende crear un símbolo que permita o recoñecemento internacional da lingua e da cultura vasca no espazo virtual de Internet, un dominio que , segundo afirman desde PuntuEus, se convertirá ademais nunha ferramenta para a normalización lingüística do éuscaro a nivel internacional. O .eus enmarcaríase dentro dos dominios de tipo lingüístico e cultural, como o caso do .gal, para a comunidade lingüística e cultural galega ou o .cym para a galesa.  

© Asociación Puntogal