Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

NIC México celebra o 20º aniversario dos dominios .mx

30/01/2009
O 1 de Febreiro de 1989 rexistrouse o primeiro nome de dominio .mx (itesm.mx). Desde esa data xa son mais de 279.000 os rexistros de nomes de dominio .mx, informa o Network Internet Center -México (NIC México).
 Con esta cifra,  NIC México cumpre co seu compromiso de colocar o nome de México na rede de redes e contribuír ao desenvolvemento de Internet neste país.  
“O crecemento dos dominios .mx, ademais de reflectir unha maior comprensión da importancia de ter un dominio, mostra a confianza e fidelidade do mercado mexicano cara aos dominios .mx, por iso nesta ocasión, queremos festexar xuntos este logro”, expresou Óscar Robles, Director Xeral de NIC México. Con motivo da celebración do 20 aniversario, NIC México ofrece durante todo o mes de febreiro a promoción “Un dólar menos por cada ano cumprido”,  grazas á cal os usuarios poderán rexistrar dominios .mx cunha redución de 20 dólares no prezo regular de rexistro por un ano, o que significa que o prezo de rexistro dos dominios .mx estará dispoñible desde 15 dólares por ano. Reapertura do rexistro de dominios directamente baixo .mx

© Asociación Puntogal