Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

O dominio .eu alcanza os 3 millóns de rexistros

15/01/2009
O rexistrador de dominios EURid informou de que se acadou a cifra de tres millóns de nomes de dominio .eu. Case un terzo deles foron rexistrados en Alemaña, mentres que en España só 67.000 rexistros identifícanse coa identidade europea online, informa Baquía.
 O pasado 11 de xaneiro un cidadán alemán fixo o rexistro número 3 millóns deste dominio de primeiro nivel (TLD).

Durante 2008, os rexistros .eu aumentaron un 10%, con 274.000 novos nomes de dominio. O maior crecemento foi en Polonia (69.000), Alemaña (50.000), Francia (49.000) e os Países Baixos (43.000).

A intención do .eu é ofrecer a 500 millóns de europeos de 27 países unha mesma identidade en Internet. Con todo, as cifras de adopción demostran que algúns países teñen moito máis interese que outros no asunto.

Alemaña acapara case un terzo dos .eu (máis de 912.000 rexistros), seguida de Holanda (412.000) e Reino Unido (369.000). Estas cifras son proporcionais aos dominios de código de país (ccTLDs) rexistrados en cada un deles, que ascenden a 12,4 millóns en Alemaña (.de), 7,2 millóns no Reino Unidos (.uk) e 3,1 millóns en Holanda (.nl). Un interese mediano parece espertar en países como Francia (242.000 rexistros), Polonia (172.000) Italia (161.000) ou Bélxica (90.000). España acumula 67.000 rexistros, na franxa media-baixa de actividade." Os tres millóns de dominios .eu reflicten a confianza dos usuarios de Internet europeos no .eu", asegurou Viviane Reding, Comisaria europea de Sociedade da Información e Medios de Comunicación. "Este logro, poucos meses antes do seu terceiro aniversario, indica de que maneira .eu se gañou o favor popular: un número crecente de internautas están a adoptar a oportunidade de expresar o seu carácter europeo online."

 Para Marc Van Wesemael, director xeral de EURid, “o libre comercio dentro da Unión Europea e o crecemento do comercio online crearon enormes oportunidades neste mercado. O uso do .eu é un bo investimento das empresas".

© Asociación Puntogal