Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Internet mantén o seu crecemento no mundo

29/12/2008
 A finais do terceiro trimestre de 2008 había 174 millóns de nomes dominios rexistrados entre todos os dominios de primeiro nivel (TLD polas súa siglas en inglés). Isto representa un crecemento do 3% sobre o segundo trimestre de 2008 e un crecemento do 19% con respecto ao mesmo trimestre do ano pasado.
A base de dominios de primeiro nivel con código de países (ccTLD) rexistrados foi de 68.9 millóns de nomes dominio, un aumento do 5% trimestre tras trimestre e do 26% ano tras ano.

Ao final do terceiro trimestre, a base total de nomes de dominio .com e .net en Latinoamérica pechou con 1.77 millóns de nomes de dominio. A base axustada de nomes dominio .com e .net na rexión creceu o 26% ano tras ano, o que representa 10 puntos porcentuais máis que a taxa de crecemento anual xeneral de .com e .net.

Entre os dez ccTLD máis grandes rexistráronse varios cambios, xa que .br (Brasil) subiu á oitava posición e .au (Australia) situouse por primeira vez entre os dez primeiros, desprazando a .ch (Suíza).

Entre os 25 ccTLD máis grandes, catro deles - .eu (Unión Europea), .kr (Corea do Sur), .es (España) e .tv (Tuvalu) - tiveron maiores taxas de crecemento que no segundo trimestre. Os ccTLD restantes experimentaron un crecemento igual ou máis lento cando comparado coas súas taxas de crecemento do segundo trimestre.

© Asociación Puntogal