Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

PuntoGal consegue máis de 500 apoios no Cultur.gal '08

11/12/2008
 Polo expositor de PuntoGal pasaron máis dun milleiro persoas: cativos, adultos, mozos e tamén maiores.  Moitos achegáronse curiosos preguntando “de que vai isto do PuntoGal?” e outros, que xa coñecían a iniciativa, querían ter máis información sobre a candidatura e sobre o proceso dos novos dominios.

Todos os visitantes recibiron material informativo no que se explica en que consiste a iniciativa a prol do dominio para a lingua a cultura galega e as vantaxes que terá a consecución do dominio, especialmente para o mundo das industrias culturais.  Entre elas, ademais dunha maior visibilidade para a lingua e a cultura galega na rede e no mundo, destaca a ampliación do público destinatario das industrias culturais galegas e, sobre todo, a consolidación dun espazo comunicativo e cultural propio en Internet.

Entre os visitantes ao stand destacaron a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a concelleira de Cultura de A Coruña, María Xosé Bravo, que mostraron interese pola iniciativa e asinaron a prol do dominio para a lingua e a cultura galega. Tamén deixaron o seu apoio importantes escritores como Mercedes Queixas ou Santiago Jaureguizar, entre outros.

Moitos dos 500 asinantes levaron camisetas do PuntoGal co lema “Estou-che a punto.gal” e outro material promocional: chapas e adhesivos co logo “Eu .gal” e, para os máis cativos, ceras de cores para pintar a súa web .gal.


Presentación da iniciativa a entidades do ámbito cultural

© Asociación Puntogal