Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Chegan os dominios .tel

28/11/2008
A partir do 3 de decembro abrése o prazo a nivel mundial para solicitar o novo dominio .tel, que permite crear cunha plantilla, sen necesidade de coñecementos informáticos, unha tarxeta virtual na que se poden mostrar os datos de contacto dunha empresa ou particular, informa Expansion.com.
 Deste xeito preténdese crear na rede un directorio mundial que, de ter éxito, podería converterse nas novas “páxinas amarelas”, accesibles desde calquera dispositivo con conexión a Internet.

Estas tarxetas virtuais recollerían todas as formas de contacto que nos últimos anos se veñen multiplicando co desenvolvemento da sociedade da información: números de teléfon fixo e móbil, múltiples enderezos de correo electrónico, contacto Skype, páxina web persoal e web profesional, perfís nas redes sociais, blogs,etc.


Interdomain (propiedade de Telefónica) foi o primeiro rexistrador en España acreditado para conceder estes novos dominios e agora uníronse Arsys, Entorno Digital e Dina Hosting, ofrecendo a posibilidade de reservar os dominios .tel.
 Marcas
Ata o 2 de febreiro de 2009 poderán solicitar o .tel os propietarios e administradores acreditados de marcas rexistradas con carácter nacional. Ter un destes dominios durante tres anos terá un custe de enre 275 e 375 euros, dependendo do rexistrador.

A asignación do dominio realizarase por rigurosa orde de chegada da solicitude, sempre que sexa válida. Entre o 3 de febreiro e o 23 de marzo de 2009, calquera persoa poderá comprar un dominio .tel que non estea rexistrado, con prezos de entre 250 e 350 euros e validez de tres anos. A partir do 24 de marzo, abrirase a fase libre cun custe de enre 14 e 25 euros anuais.

“É un dominio que vai ter gran proxección porque ofrece vantaxes tanto a grandes empresas como a pemes e particulares” explica Eduardo Cabrero, director xerente de Interdomain. Por exemplo, unha multinacional pode publicar todos os teléfonos e enderezos de correo das súas delegacións e departamentos.

Unha peme ou un profesional liberal poden ter presenza na Internet sen necesidade de deseñar unha páxina web nin contratar un servizo de aloxamento. Así, AvogadosRamos.tel pode incluír nesta páxina todos os datos de contacto do seu despacho.  
Enlaces

© Asociación Puntogal