Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

O xogo dos novos dominios

19/11/2008
A empresa RegistryASP creou un xogo de mesa que explica, dun xeito divertido, os pasos que terán que seguir os solicitantes de novos dominios xenéricos para conseguir o seu propósito.
 Os xogadores, provistos de dado e fichas, terán que "enfrontarse" aos diversos problemas cos que se pode atopar un candidato: solicitude incompleta, inestabilidade técnica, nomes reservados, obxecións,etc.  Aquel que consiga sortear estes obstáculos e presentar unha candidatura completa e sólida chegará á fin do xogo co seu obxectivo cumprido: a aprobación do novo dominio. Para iso, ademais, o solicitante terá que demostrar rigurosamente a súa capacidade organizacional, técnica e operativa para levar a cabo a operación de rexistro, garantindo sempre a seguridade e estabilidade do sistema de nomes de dominio.   Aínda que só se trata dun xogo, chamado "Programa de Solicitude de novos gTLD, o desafío da serpe e a escaleira!", permite "poñerse na pel" dos candidatos a novos dominios e entender, de forma amena, os requisitos que se deben cumprir neste proceso que está a ser preparado pola ICANN, organismo internacional que regula Internet a nivel mundial. Queres botar unha partida? Podes descargar o xogo, dispoñible soamente en inglés, na sección "Documentación" desta web ou premendo aquí

.

© Asociación Puntogal