Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

A Fundació puntCAT participa na Semana da Ciencia relizando un obradoiro

19/11/2008
O vindeiro xoves, a Fundació brindará a oportunidade a todos os usuarios do dominio .cat que participen no obradoiro de crear a súa propia web .cat empregando  as ferramentas gratuítas da Internet.
 Con esta actividade, a Fundación puntCAT quere divulgar as posibilidades que ofrece Internet para aproveitar do mellor xeito posible os dominios .cat, e incentivar aos usuarios a ser partícipes da Internet en primeira persoa, ao construíren o seu propio espazo na rede

O obradoiro  “Sácalle zume ao teu dominio .cat coas ferramentas gratuítas de Internet” realizarase o xoves 20 de novembro ás 18.30 horas na sala multimedia da Biblioteca Jaume Fuster, en Barcelona, e poderá participar calquera persoa que conte cun dominio .cat. Ao remate do obradoiro, os participantes terán a súa propia web, baixo o dominio .cat.
Esta actividade está incluída no marco da 13ª Semana da Ciencia en Cataluña, organizada pola Fundación Catalá para a Procura e a Innovación.
Máis información sobre o obradoiro e inscricións na web da Fundació puntCAT

.

© Asociación Puntogal