Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

A ICANN cumpre 10 anos

01/10/2008
Un mes despois celebrouse a primeira reunión organizacional do Consello de Directores no hotel Holiday Inn JFK de Nova York, na que Michael Roberts foi nomeado presidente CEO provisional e Esther Dyson presidenta. 

Desde aquela houbo xa dous presidentes máis, dous novos CEOs, ducias de membros do Consello, membros do Comité e membros do Grupo Consultivo, 153 reunións oficiais do Consello, 32 reunións internacionais públicas e, por suposto, miles de persoas que contribuíron a facer da ICANN unha organización líder, global, con múltiples partes interesadas, que dirixe o sistema de nomes de dominios a través dun proceso de coordinación e non de control.

"Hai 10 anos había 100 millóns de usuarios de Internet. Os seus creadores pensaron orixinariamente que a rede só tería que servir a un millón de persoas. Pero coa creación da ICANN, a comunidade de Internet e o Goberno dos Estados Unidos recoñeceron que necesitaban privatizar o sistema de nomes de dominios para incrementar a competencia e a participación internacional", declarou onte o actual presidente, Peter Dengate Thrush. 

Grazas a esta decisión, e con case un billón e medio de persoas en liña, a rede vai vento en popa. E esperamos, cos plans que puxemos sobre a mesa, que o extraordinario crecemento dos próximos 10 anos se produza con fluidez para os usuarios correntes de Internet".  O Presidente e CEO da ICANN, Paul Twomey, afirmou: "A ICANN representa agora unha organización verdadeiramente internacional. Temos oficinas en Los Angeles, Bruxelas e Washington, así como presenza en moitos outros países. Os membros da directiva e do comité veñen de todos os recunchos do planeta e a comunidade ICANN é tan diversa como a mesma Internet. Estou desexando ver un éxito continuo da ICANN nos vindeiros 10 anos e de aí en adiante?. 

¿Cal foi o traballo da ICANN nesta década?

En 1998 había un único rexistrador que cobraba 50$ ao ano polos nomes de dominio; agora hai arredor de 900 rexistradores acreditados pola ICANN e os prezos dos dominios parten dos 6$. 

Contribuiu ao crecemento do sistema de nome de dominios desde 3 millóns de dominios hai dez anos ata os 160 millóns actuais.  -Ampliou os dominios xenéricos de primeiro nivel de Internet de tres (.com, .net e .org) a 16, incluíndo .info, .biz, .cat, .asia .mobi e .name.  -Presenciou como máis de 35.000 dominios pasaron por procesos de resolución de disputa uniformes, unha alternativa máis rápida, barata e eficiente que os tribunais para disputas de propietarios.  -Desenvolveu políticas coa total implicación de gobernos, empresas, a comunidade técnica e os usuarios individuais da rede, o que fai que o sistema de enderezos de Internet sexa quen de adaptarse aos novos e diferentes usos que afectan á rede cada ano.

© Asociación Puntogal