Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Rebaixa nos prezos de rexistro do .cat polo seu terceiro aniversario

16/09/2008
 A partir do 16 de setembro, todos aqueles que rexistren un dominio .cat terán unha rebaixa do 33% respecto do prezo anterior. En febreiro deste ano  xa se  abaratara un 25%. Deste xeito, o prezo tense reducido á metade desde comezos de ano, como mostra da intención da Fundació puntCAT de achegar ao máximo o .cat á sociedade que se identifica con este dominio cultural e lingüístico en Internet.

O rexistro do dominio .cat non deixa de crecer. De feito, nos dous anos e medio que leva en funcionamento conta con máis 30.000 rexistros.

© Asociación Puntogal