Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

A ICANN formaliza as relacións co manager do .pl

08/09/2008
A ICANN anunciou o pasado día 5 de setembro a sinatura dun intercambio de cartas co manager do dominio de primeiro nivel de código de país (ccTLD) .pl (Polonia), Naukowa i Akademicka Sièc Komputerowa (NASK). 
 O "programa marco de responsabilidade" proporciona dous mecanismos mediante os que os managers ccTLD poden formalizar a súa relación coa ICANN.  O primeiro é un documento de "programa marco de responsabilidade" que expón as obligacións dun manager ccTLD e a ICANN. Tamén inclúe a resolución de disputa e terminación e está deseñado para managers ccTLD que requiran un documento formal da ICANN. O segundo mecanismo é un intercambio de cartas entre a ICANN e o manager ccTLD deseñado para aqueles aos que lles resulta máis apropiado un simple certificado de responsabilidade/compromiso. Os marcos de responsabilidade asinados e o intercambio de cartas e documentos entre a ICANN es os managers ccTLD poden atoparse aquí

.

© Asociación Puntogal