Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

A ICANN publica a súa actualización de políticas en español e francés

31/07/2008
Esta iniciativa é resultado do esforzo da ICANN por incrementar a transparencia organizativa no ámbito mundial e ofrecer mellor información á comunidade sobre as actividades de elaboración das súas políticas. Para chegar a máis usuarios, a ICANN publicará estes documentos en español e francés, ademais de inglés.
 
Publicada mensualmente, a Policy Update destaca os problemas clave das políticas de Internet abordados pola estructura de elaboración de políticas da ICANN, baseada en consenso integral. A publicación está deseñada para familiarizar aos novos usuarios coa ICANN, e tamén a aqueles que xa teñen experiencia, ao ofrecerlles información xeral de alto nivel sobre unha ampla variedade de problemas de políticas da ICANN, actualizacións detalladas sobre problemas específicos e vínculos a outra información.  A Policy Update incrementa o acceso aos datos de elaboración de políticas da ICANN, ao tempo que ofrece mellor información á comunidade e fomenta a participación.

Para subscribirse, clicar aquí.

© Asociación Puntogal