Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

O puntCAT leva rexistrados 30.000 dominios

28/07/2008
Desde que se abriu a fase inicial de rexistro, en febreiro de 2006, o .cat conta xa con máis de 30.000 dominios rexistrados, informa e-notíces.
 A Fundación puntCAT, entidade que xestiona o rexistro, móstrase moi satisfeita porque "todo o mundo fixo  seu o .cat e moitas persoas, entidades e empresas que non tiñan un dominio propio, decidíronse a rexistrar o seu nome co .cat e así devir en protagonistas en Internet mediante o seu propio dominio".

Esta boa acollida que recibiu o .cat desde o inicio reflíctese no aumento progresivo de dominios rexistrados e o incremento de contidos do espazo .cat, con máis de nove millóns de documentos indexados polos buscadores. Así, en pouco tempo, o .cat situouse como un dos primeiros dominios no mundo con respecto ao número de documentos indexados para cada dominio .cat rexistrado. Unha cifra que demostra o bo momento que vive a Internet en catalán baixo a matrícula .cat. A boa marcha deste dominio permitirá ben pronto volver abaratar os prezos de rexistro e mantemento dos .cat

© Asociación Puntogal