Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Xa está dispoñible o número de xullo da revista da ICANN

24/07/2008
O número do mes de xullo da revista da ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) inclúe informacións relacionadas coas decisións acadadas na reunión internacional pública celebrada en París a finais de xuño.
 A revista menciona o máis destacado da reunión de París, como a aprobación da política de recomendacións para os dominios de primeiro nivel, e ofrece un avance sobre a vindeira reunión internacional da ICANN, que terá lugar no Cairo (Exipto) a comezos de novembro. O novo número da revista dá a coñecer todos os documentos que se atopan en período de "comentario público" por parte dos usuarios, ademais de comentar as entradas máis recentes no blog da organización. Tamén se publican noticias relacionadas coas últimas reunións da xunta directiva da ICANN, o grupo de traballo "antipishing", e o informe de conformidade contractual, entre outras. Podes ler a revista aquí

© Asociación Puntogal