Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Máis de 300.000 novos dominios

19/05/2008
Durante o pasado ano, o dominio de Internet europeo ".eu" sumou máis de 300.000 novos usuarios e conta con 2,8 millóns de nomes rexistrados en tan só dous anos de existencia.
 O número de rexistros aumentou progresivamente ano tras ano alcanzando no 2007 un 11% e estabilizouse coa renovación do 80% dos nomes subscritos en 2006.A pesar de ser xa o cuarto dominio de primeiro nivel de Europa e o noveno do mundo, o dominio “.eu” segue lonxe dos máis utilizados, os ".com", ".org" ou ".net".
En canto ao número total de rexistros ".eu" por país de orixe, Alemaña segue á cabeza cun 31,4 % do total, seguida dos Países Baixos (13,4%) e o Reino Unido (13,3%). España rexistrou ata o momento o 2,25% do total de dominios dispoñibles. Por outra banda, os países que máis aumentaron o seu uso son moi distintos dos anteriores. Os dominios ".eu" adquiridos desde Polonia incrementáronse nun 48,6%, situándose a continuación Lituania (48,4%) e Finlandia (39,9%). A Comisaria europea de Sociedade da Información, Viviane Reding, comentou respecto diso que "agora debe pasar a ser a elección natural de todo o mundo en Europa".

Antecedentes

© Asociación Puntogal