Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

ICANN asina o 40ª acordo de rexistro de código de país

13/05/2008
ICANN asinou a semana pasada o seu 40º marco de responsabilidade co manager do código de dominio “.is” de Islandia, uníndose aos outros 55 países que xa formalizaran a súa relación.
 Hai dous tipos de acordo que a ICANN pode alcanzar cos que dirixen os dominios de primeiro nivel de países en todo o mundo: marcos de responsabilidade e intercambio de cartas.
O primeiro inclúe obligacións, resolucións de disputa e cláusulas de finalización dos compromisos baseados no intercambio de cartas, as cais establecen a forma en que o manager e a ICANN traballarán xuntos para manter a seguridade e interoperabilidade da Internet.

Ademais dos acordos cos managers dos ccTLD, ICANN ten acordos con outros grupos fundamentais na estrutura de Internet, máis recentemente co Consorcio de Sistemas de Internet (ISC, polas súas siglas en inglés), a organización responsable do funcionamento do servidor de nomes “F-root”.
Todos os acordos que a ICANN ten cos managers dos códigos de países poden verse nunha lista clicando aquí ou nun mapa interactivo, aquí

© Asociación Puntogal