Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Novos dominios xenéricos no número de abril da revista da ICANN

21/04/2008
 Despois de anos de duro traballo, acadáronse unha serie de decisións de políticas relacionadas cos novos gTLDs (dominios xenéricos de primeiro nivel) , que foron acordadas pola Organización de Apoio aos Nomes Xenéricos (GNSO, polas súas siglas en inglés) e atópanse agora na fase de implementación.A xunta directiva pediu ao persoal da ICANN que perfilara un plan sobre como se poden implementar as decisións destas políticas, incluíndo estimacións de risco, tempo e custo. Nos pasados meses fíxose un importante traballo nesta área, de cara ao desenvolvemento dunha única Petición de Propostas (RFP) que actuará como guía para as solicitudes. O RFP cubrirá un número de temas que na actualidade están a ser desenvolvidos e revisados en diferentes partes: requerimentos comerciais e técnicos; sistema de obxeción; nomes reservados, etc. O RFP farase público unha vez que todas as partes estean complemtamente desenvolvidas e acordadas, o que se prevé para a segunda metade deste ano. Despois será exposta aos comentarios públicos, finalizada, e as solicitudes aceptaranse a partir de comezos do 2009. Abril 2008 En canto a abril do 2008, os temas nos que se está a traballar inclúen: o desenvolvemento dun software que automatice o traballo na maior medida posible; enfoques de avaliación comparativa, incluíndo a exploración do uso da subasta para situacións nas que dúas persoas solicitan o mesmo dominio gTLD; e idear criterios comerciais e técnicos necesarios para unha solicitude próspera e exitosa.

En relación a pregunta de canto custará a solicitude dun gTLD: desde que a GNSO definiu que o proceso será “revenue neutral” (renta/ingresos neutros), a ICANN non pode  proporcionar o custoe dunha couta de solicitude ata que todos os compoñentes e os seus posibles costes sexan consesuados e revisados.
Na web da ICANN hai unha páxina que proporciona a información máis recente deste proceso relativo aos gTLDs
En xuño, unha sesión sobre novos gTLDs na reunión de París resumirá os avances neste ámbito. Entrevista a Paul Twomey O número de abril da revista mensual da ICANN tamén inclúe unha entrevista con Paul Twomey, presidente e CEO da ICANN. Unha das preguntas fai referencia á situación das políticas dos novos gTLDs, á que Twomey resposta que o traballo está en proceso e que informarán sobre o asunto na reunión de París de xuño. “O persoal está a ver como implementar as recomendacións da política, e iso é un traballo moi duro. Pronto chegará o momento en que a comunidade empece a darnos a súa opinión e comentarios”.O número da revista está dispoñible aquí

© Asociación Puntogal