Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

ICANN lanza un boletín de noticias sobre conformidade contractual

07/04/2008
ICANN lanzou o pasado día 3 de abril o Boletín de Noticias de Conformidade Contractual, un boletín que ofrece unha instantánea do amplo campo de traballo de conformidade que está a ser realizado pola ICANN.
 Cada número do boletín cubrirá estatísticas de aplicación, unha análise a fondo da parte do proceso de conformidade, información sobre auditorías e informes e tamén sobre vindeiros eventos, informa a web da ICANN. O boletín incluirá novos consellos para rexistros e rexistradores, co fin de axudalos a comprender e continuar a mellora da súa conformidade cos contratos da ICANN. Nun recente feedback sobre a actuación da ICANN baixo o Proxecto de Acordo Conxunto coa Administración Nacional de Telecomunicacións e Infraestructuras dos EUA houbo unha aportación sobre o traballo da ICANN na precisión “Whois”, e a conformidade debía ter unha mellor comprensión. O obxectivo da ICANN é que este boletín sexa unha importante forma de tratar estes asuntos e continuar o diálogo coa comunidade sobre como mellorar a conformidade contractual.
Primeiro número

© Asociación Puntogal