Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

A ICANN ve con bos ollos o comunicado do Proxecto de Acordo Conxunto

03/04/2008
A ICANN acolleu con agrado o comunicado do 2 de abril referente á revisión a medio prazo do Proxecto de Acordo Conxunto (JPA) do Departamento de Telecomunicacións Nacionais do Comercio e de Administración Información (NTIA), informa a ICANN. 
"Acollo con agrado esta aprobación do modelo da ICANN e os nosos significativos esforzos para mellorar o funcionamento da ICANN", dixo Peter Dengate Thrush, presidente do Consello de Directores da ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers). "Como dixen na miña declaración na reunión pública sobre o JPA en Washington DC, a evidente opinión de todos os participantes virtuais é que a transición é o obxectivo e o interese está en centrarnos en como chegar ata aí", afirmou. "Pedinlle ao Comité de Estratexia do Presidente a preparación dun plan para o desenvolvemento do marco de transición. Reuniranse en abril e farán a primeira presentación, comezando un proceso para un vindeiro compromiso coa comunidade na reunión da ICANN en París, en xuño deste ano", dixo Dengate Thrush. "Esta revisión programada a medio prazo ten sido un valioso proceso para a ICANN. Proporcionou un informe sobre o progreso que temos feito e tamén proporciounou unha valiosa retroalimentación por parte da comunidade da Internet, que quere ver avanzar o proceso de transición", engadiu Dengate Thrush. O informe da NTIA está dispoñible aquí

© Asociación Puntogal