Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

PuntoGal estará no Xuventude Galiza Net

14/03/2008
 A novena edición do Xuventude Galiza Net, organizado pola Xunta de Galicia, acollerá desde hoxe e ata o domingo a máis de 1.500 mozos e mozas.Potenciarase o software libre e o uso do galego co obxectivo de normalizar o emprego desta lingua entre a mocidade e vencellar o seu uso ás novas tecnoloxías.  Entre as actividades programadas haberá conferencias relativas ao software libre, o protocolo IP, a TDT en Galicia e outros temas relacionados coas novas tecnoloxías, ademais de concursos diversos. A Asociación PuntoGal participará neste encontro cun expositor situado na extranet do evento, no vestíbulo do Pazo de Congresos , que será zona de libre acceso para todas as persoas sen necesidade de estaren inscritos.  PuntoGal repartirá entre os asistentes información sobre a iniciativa para conseguir un dominio para a lingua e a cultura galega en Internet e levará a cabo unha campaña de recollida de apoios. Todos aqueles que deixen a súa sinatura a prol do dominio recibirán material promocional do PuntoGal. Actividades para maiores

© Asociación Puntogal