Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

PuntoGal estará no Xuventude Galiza Net

14/03/2008
A Asociación PuntoGal contará cun expositor no encontro informático Xuventude Galiza Net, que comeza hoxe no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago.
A novena edición do Xuventude Galiza Net, organizado pola Xunta de Galicia, acollerá desde hoxe e ata o domingo a máis de 1.500 mozos e mozas.
Potenciarase o software libre e o uso do galego co obxectivo de normalizar o emprego desta lingua entre a mocidade e vencellar o seu uso ás novas tecnoloxías.

Entre as actividades programadas haberá conferencias relativas ao software libre, o protocolo IP, a TDT en Galicia e outros temas relacionados coas novas tecnoloxías, ademais de concursos diversos.
 Asociación PuntoGal participará neste encontro cun expositor situado na extranet do evento, no vestíbulo do Pazo de Congresos, que será zona de libre acceso para todas as persoas sen necesidade de estar inscritos no encontro.

PuntoGal repartirá entre os asistentes información sobre a iniciativa para conseguir un dominio para a lingua e a cultura galega e levará a cabo unha campaña de recollida de apoios. Todos aqueles que deixen a súa sinatura a prol do dominio recibirán material promocional do PuntoGal .


Actividades para maiores

Ao igual que na pasada edición, o evento contará cun espazo dedicado ás persoas maiores que poderán acceder ao mundo das novas tecnoloxías a través de actividades específicas deseñadas para eles.

© Asociación Puntogal