Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Debate aberto sobre o futuro da ICANN

11/03/2008
A ICANN, organización que xestiona o sistema de nomes de dominio de Internet, intenta determinar cal será o seu modelo de funcionamento cando o memorando de entendemento que mantén co Departamento de Comercio dos EUA expire en setembro de 2009, informa a revista iWorld.
 A reflexión sobre o futuro de ICANN (Internet Corporation for Assigned Names and Numbers) intensificouse con motivo dun proceso de revisión a medio prazo do acordo que mantén con esta axencia gobernamental, aberto aos comentarios do público en xeral.

ICANN suxeriu que podería independizarse da supervisión do Departamento de Comercio cando o “acordo de proxecto conxunto” (JPA- Joint Project Agreement) que mantén coa axencia gobernamental chegue á súa fin. Este memorando de entendemento leva en vigor desde 1998, pero nos últimos anos os representantes doutros países criticaron o feito de que o goberno estadounidense teña prioridade na supervisión de ICANN, cuxa actividade xestiona un sistema mundial, como é a asignación de nomes de dominio en Internet. Desde a última renovación do acordo JPA, en setembro de 2006, ICANN conseguiu importantes melloras en termos de credibilidade, responsabilidade e transparencia, segundo Paul Levins, vicepresidente de asuntos corporativos e responsable executivo da organización. Levins asegura que o seu obxectivo logo da expiración do memorando de entendemento será expandir un modelo de goberno mundial que permita a influencia dunha máis ampla diversidade de comunidades Internet. Solvencia e estabilidade

© Asociación Puntogal