Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

A ICANN mantén o calendario previsto para a solicitude de novos dominios

15/02/2008
A GNSO presentou na 31ª reunión internacional da ICANN, que hoxe se clausura en Nova Delhi, un pequeno informe segundo o cal se manteñen os requisitos e o calendario previstos para a solicitude de novos dominios. O calendario definitivo darase a coñecer na vindeira reunión internacional da ICANN que se celebrará en xuño en París

A campaña do PuntoGal en Nova Delhi consistiu na entrega de distintos materiais baixo o lema "Bring PuntoGal into the root ASAP", instando á ICANN a incluir o PuntoGal na rede de redes. Este material informativo sobre a proposta dun dominio para a cultura e a lingua galega na rede  fai fincapé na existencia dunha ampla comunidade galega no exterior.

Os representantes do PuntoGal no encontro de Nova Delhi participaron nas reunións abertas da GNSO –organización de apoio de nomes xenéricos- insistindo na importancia de manter os calendarios previstos, e mantiveron unha reunión coa presidenta do consello da GNSO, Avri Doria.

 A ICANN presentou tamén en Delhi un borrador do programa de tradución, segundo o cal nformación de promoción estará dispoñible nas 11 linguas principais da Internet, entre elas o español e o portugués. Ademais, os documentos estratéxicos e de políticas da ICANN traduciranse ós 6 idiomas da ONU.

 

© Asociación Puntogal