Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Google activa o Google.cat, o seu primeiro dominio específico

09/11/2007
O buscador máis popular de internet, Google, activa o .cat, o seu primeiro dominio xenérico específico para unha comunidade concreta, neste caso a comunidade lingüística e cultural catalá, segundo informa a Fundació puntCAT, que xestiona o dominio .cat.

"A activación do google.cat supón un paso máis no recoñecemento da cultura e a lingua catalá en todo o mundo", segundo o director da Fundació puntCAT, Jordi Iparraguirre.

A Fundació puntCAT explica que a semana pasada, aproveitando que representantes deste organismo asistían en Estados Unidos a un congreso da ICANN, o organismo que regula os dominios de internet, concertouse unha reunión no Googleplex, o complexo de Google en Mountain View (California), e conseguiuse a decisión de activar o dominio, o que permitirá desenvolvelo. Adaptación progresiva
Google rexistrou o google.cat hai más de ano e medio, o mesmo día de lanzamento do dominio .cat, aberto a todo aquel que queira expresarse en catalán en internet.

"A plataforma utilizada por google.cat converterase en modelo para outros dominios patrocinados, por exemplo .mobi,.asia ou .museum" , explica a fundación que advirte que "a adecuación do software de Google a dominios non territoriais é paulatina".Progresivamente, Google implementará o seu software para ofrecer desde google.cat todos os seus servizos, posto que nestes momentos, e debido ás estruturas internas de funcionamento do Google, só activou a súa páxina .cat sen proporcionar ningún outro produto.

A Fundació puntCAT é un organismo privado sen ánimo de lucro nin afiliación política, fundada o 28 de decembro de 2005 e é a herdeira da desaparecida Associacio puntCAT, que ten por obxectivo o dominio .cat, e axudar a desenvolver a Sociedade da Informaciación da comunidade lingüística e cultural catalá.

© Asociación Puntogal