Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

Os dominios .es xa admiten a "ñ"

02/10/2007
Hoxe comezou unha fase preferente para os usuarios que teñan un dominio rexistrado. Os titulares dun nome de dominio asignado con anterioridade ao 1 de xuño 2007 poden solicitar o seu dominio multilingüe desde as 6:00h do 2 de outubro ata as 18:00h do 30 de Outubro.
Ademais da “ñ”, Rede.es permite, a partir de hoxe, o rexistro de dominios .es con outros carácteres propios das linguas oficiais do Estado, como a “ç” ou os signos de puntuación como “á”, “ü”.

O mes de outubro de 2007 foi o elixido para que os carácteres propios do castelán, eúscaro, galego e catalán poidan incluírse no rexistro de dominios .es. Desta forma o Executivo cumpre o compromiso adquirido na Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información.

Tras a fase preferente, cun aviso que se publicará con 15 días de antelación, iniciarase unha nova fase que permitirá a solicitude de nomes de dominios .es multilingües a todos os usuarios que así o soliciten.

Red.es, entidade do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio que ten asignada en España a autoridade de rexistro de dominios, informou aos 62 Axentes Rexistradores Acreditados sobre a nova instrución que permitirá nomes de webs cos seguintes carácteres multilingües: “á”, “à”, “é”, “è”, “í”, “ï”, “ó”, “ò”, “ú”, “ü”, “ñ”, “ç”, “l•l”.

Rede.es consultou ás Reais Academias da Lingua e a outras autoridades de rexistro de dominios como o .de alemán para logar unha óptima inclusión dos carácteres multilingües baixo o .es.

© Asociación Puntogal