Asociación Puntogal

Novas

Este maio dominio do bo tempo no puntoga

PuntoGal celebra o mes das Letras baixando o prezo para dominios novos e renovacións a menos de 20€

01/05/2016 Santiago de Compostela, 29 de abril de 2016.- PuntoGal, o dominio galego en internet, celebra este ano o Día das Letras e o Día das Telecomunicacións e Internet cunha rebaixa no prezo de máis dun 60%. Pódense rexistrar dominios ou renovalos por un prezo máximo de 20€ (máis IVE) nos rexistradores sumados á promoción, durante todo o mes de maio. PntoGal celebrea o segundo aniversario da primeira web en .GAL contando con máis de 3000 dominios rexistrados por institucións, entidades sen ánimo de lucro, empresas e particulares.

Celebrando que o vindeiro 17 de maio é o Día das Letras Galegas e que conincide co Día das Telecomunicacións e Internet, a Asociación PuntoGal táenos unha campaña durante todo o mes de maio de rebaixa no prezo do rexistro dun novo dominio e tamén para as renovacións anuais feitas neste tempo. Os interesados deben direixirse ás seguientes empresas rexistradoras: Dinahosting, 101 Domain, Entorno Digital, Soluciones Corporativas IP, CdMon, Nominalia, 1&1 Internet, Arsys e Host Europe∗. As distintas políticas de prezos que ofrecen os rexistradores durante este período fará posible atopar dominios dende 18,95€ ata os 20€ (máis IVE), polo que PuntoGal recomentda visitar todas as páxinas dos participantes na promoción para atopar a mellor oferta e servizo que se adapte ás necesidades en cada caso. O dominio .GAL ten toda a información ó respecto en www.dominio.gal/promocions/

A campaña de publicidade “Este mes temos domino do bo tempo” porase en marcha en medios de comunicación e nas redes sociais para informarnos desta promoción coa que PuntoGal celebra 2 anos de primeira web: dominio.gal con mais de 3000 dominios rexistrados que inclúen un número importante  de marcas galegas; tamén funcionan páxinas web de moitos concellos e nomes vinculados ás administracións públicas, así como unha gran variedade de entidades sociais e culturais de todo tipo. “Estamos traballando por informar da importancia para as nosas empresas e demais entidades en facerse visible na rede” dinos Edita de Lorenzo, directora xeral de PuntoGal, quen tamén nos avanza que haberá mais promocións sectoriais con asociacións profesionais e culturais, seguindo a liña da recentemente iniciada no Día do Libro en colaboración coa Federación de Librarías e Galicia Calidade tratando de chegar o rexistro de novos dominios á sociedade dun xeito económico.

.GAl está xestionado por unha asociación sen ánimo de lucro, con mais de 100 asociados incluíndo entidades representativas de tódolos sectores sociais e económicos da comunidade galega tanto na xeografía de Galicia coma no exterior, e o reinvestimento dos beneficios que consiga, unha vez consolidado do dominio, serán en programas de promoción da lingua e a rede para a comunidade galega.

PuntoGal agradece, como sempre, o apoio da sociedade galega a este proxecto común. O dominio é voso.

∗dispoñible só para rexistros novos no caso de Host Europe e 1&1

Voltar