Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Puntogal participará cun stand informativo

XII Encontros para a Normalización Lingüística

23 de setembro de 2010 09:30 h - 24 de setembro de 2010 18:30 h

Foro de reflexión, estudo e debate da ampla variedade de asuntos relacionados coa promoción do idioma galego, dirixido aos e ás profesionais e estudosos/as da normalización lingüística, aos e ás estudantes e ás persoas interesadas pola problemática e as políticas lingüísticas en Galicia.

Organizados polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia do Consello da Cultura Galeg, esta edición dos Encontros centrarase na acción da cidadanía nas súas diversas expresións organizadas e en aspectos sociais nun senso amplo, sen esquecer a liña que se vén seguindo nos Encontros de seguimento de iniciativas e propostas e de revisión de accións xa realizadas.

Durante os encontros presentarase "Proxecta", unha  mostra das entidades que producen, xestionan, promocionan e/ou ofrecen servizos e/ou produtos relacionados coa normalización da lingua galega e que llelos queren achegar a todas as persoas e entidades vinculadas a este ámbito.   

A Asociación PuntoGal participará na mostra "Proxecta" cun stand informativo da iniciativa, xunto con outras entidades. 

Terán lugar na Facultade de CC. da Comunicación da USC, no Campus Norte de Santiago de Compostela. 

Máis información na web do Consello da Cultura Galega

© Asociación Puntogal