Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

B-Web, xornada sobre márketing en internet

28 de maio de 2010 09:30 h - 20:00 h

ExpoCoruña organiza a primeira edición de B-Web, 1º Encontro Profesional de E-Bussiness, Mercadotecnia, Estratexias e Novas Oportunidades en Internet.

B-web reúne a 13 profesionais do sector que analizarán as últimas estratexias de mercadotecnia que se están levando a cabo en Internet, o último en técnicas comerciais on-line, falarán sobre o bo uso das redes sociais en empresas, novos modelos de comunicación e relacións, as últimas tendencias nos comportamentos dos consumidores na web, os novos tipos de mercadotecnia en alza, como adaptar de forma eficiente os cambios que se están producindo... Entre eles figuran Enrique Dans, Rubén Bastón, Nico Castro ou Daniel Seijo.

A través de conferencias e casos prácticos, B-Web abordará as oportunidades que a tecnoloxía ofrece ás empresas en canto á súa imaxe e relacións comerciais.

Dirixida a directores xerais, directores de Marketing, directores de Comunicación, responsables de contido en internet, responsables de campañas, new media managers, emprendedores, consultores… todos aquelle que desexen ampliar os seus coñecementos sobre los últimos cambios que se están producindo no entorno web.

Prezo da matrícula: 100 euros antes do 15 de maio, e 150 euros despois do 15 de maio.

Máis información e programa completo na web de ExpoCoruña .

Imprimir Enviar páxina

© Asociación Puntogal