Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Charla: E-mail Marketing: por que Outlook non é suficiente e tivemos que crear MAILcast

Iniciador Galicia con José Manuel Alarcón

6 de maio de 2010 19:00 h - 21:00 h

Unha nova edición do Iniciador chega a Galicia coa conferencia "E-mail Marketing: por que Outlook non é suficiente e tivemos que crear MAILcast", a cargo de D. José Manuel Alarcón, fundador da compañía Krasis.

Nesta charla, que se celebrará no ITE Caixa Galicia de A Coruña, Alarcón explicará como o  seu equipo comezou no mundo do "email marketing" e acabou chegando ao desenvolvemento do seu produto, MAILCast. Tamén compartirá cos asistentes as dificultades da práctica da disciplina, como compaxinar o e-mail marketing co social media e os trucos para non caer no tan temido spam. Seguindo a liña habitual de Iniciador, a charla terá un marcado espírito emprendedor, pero nesta ocasión estará centrada na temática do email marketing.

D. José Manuel Alarcón é Enxeñeiro Superior Industrial e foi nomeado por Microsoft como MVP (Profesional máis valorado). Hai 10 anos fundou a compañía Krasis, famosa polos seus libros e cursos on-line de tecnoloxías de Microsoft aínda que a súa principal liña de negocio céntrase no e-learning e o e-mail marketing.

Máis información na web do Iniciador Galicia.

Ligazóns

Imprimir Enviar páxina

© Asociación Puntogal