Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

E.T.S. de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo

Conferencia sobre o PuntoGal e a Axencia Estatal de Radiocomunicacións (AER)

23 de febreiro de 2010 12:00 h - 13:00 h

A Asociación Trabalingua e a Universidade de Vigo organizan unha conferencia para falar sobre a Axencia Estatal de Radiocomunicacións (AER) e as posibilidades de localizar a súa sede en Galicia  e presentar a iniciativa a prol do dominio .gal, promovida pola Asociación PuntoGal.

Camilo Regueiro, vicepresidente da Asociación PuntoGal, falará dos obxectivos da asociación e das ventaxas de contar cun dominio na rede para a comunidade cultural e lingüística galega. Tamén explicará as funcións e estrutura da ICANN e o seu proceso de creación de novos dominios xenéricos.

Manuel Fernández Iglesias, Profesor da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións, intervirá para falar sobre a Axencia Estatal de Radiocomunicacións (AER).

Máis información na Asociación Trabalingua ou na web da ETS de Enxeñeiros de Telecomunicación .

Imprimir Enviar páxina

© Asociación Puntogal