Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Gobernanza de Internet e nomes de dominio

10ª Reunión de ICANN Studienkreis

21 de xaneiro de 2010 14:30 h - 22 de xaneiro de 2010 20:30 h

O hotel Rívoli Rambla de Barcelona acolle esta reunión na que se debatirán diversos temas relacionados coa gobernanza de Internet, nomes de dominio e ICANN: novas estratexias para o proceso de novos dominios, desenvolvemento do mercado de dominios, IDNs,etc.

Organizada por ICANN Studienkreis, a reunión está patrocinada, entre outros, por Red.es e a Fundación puntCAT  e conta entre os poñentes con representantes de ICANN, do IGF, da Comisión Europea, Parlamento Europeo, etc.

 

Para consultar o programa e rexistrarse como asistente á reunión, visita a web de ICANN Studienkreis.  

 

ICANN Studienkres organiza seminarios anuais sobre temas vencellados á Gobernanza de Internet e ao desenvolvemento de ICANN, e conta con recoñecidos expertos. 

Ligazóns

Imprimir Enviar páxina

© Asociación Puntogal