Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Fomento e Innovación con Novas Tecnoloxías na Docencia da Enxeñaría en Vigo

Congreso FINTDI

14 de decembro de 2009 09:00 h - 15 de decembro de 2009 20:00 h

O obxectivo deste congreso é dar a coñecer e pór en común as experiencias de innovación docente que se están desenvolvendo no ámbito da enxeñaría nas diferentes universidades iberoamericanas e valorar conxuntamente as repercusións destes novos métodos docentes, tendo presente que a innovación ha de estar sempre supeditada a unha educación de calidade.

Esta é a primeira edición do congreso, que terá lugar en Vigo os días 14 e 15 de decembro de 2009.

Entre os temas máis salientables a tratar no congreso están a aplicación das TIC no ensino da enxeñería, instrumentos e material de aprendizaxe innovadores e criterios de calidade docente.

Máis información na weg do Congreso FINTDI

Ligazóns

Imprimir Enviar páxina

© Asociación Puntogal