Asociación Puntogal

Asociación Puntogal

Novas

PuntoGal celebra o mes das Letras baixando o prezo para dominios novos e renovacións a menos de 20€

PuntoGal celebra o mes das Letras baixando o prezo para dominios novos e renovacións a menos de 20€

01/05/16

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2016.- PuntoGal, o dominio galego en internet, celebra este ano o Día das Letras e o Día das Telecomunicacións e Internet cunha rebaixa no prezo de máis dun 60%. Pódense rexistrar dominios ou renovalos por un prezo máximo de 20€ (máis IVE) nos rexistradores sumados á promoción, durante todo o mes de maio. PntoGal celebrea o segundo aniversario da primeira web en .GAL contando con máis de 3000 dominios rexistrados por institucións, entidades sen ánimo de lucro, empresas e particulares. + máis

Un ano de dominio .gal

Un ano de dominio .gal

02/12/15

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015.- O dominio galego en internet celebra hoxe o seu primeiro aniversario con preto de 3.000 nomes rexistrados. Fai un ano que o rexistro do .gal está aberto á cidadanía sen restrición, concedéndose por orde de chegada. Para celebrar este aniversario, PuntoGal participará un ano máis no Culturgal en Pontevedra, que ten lugar entre o 4 e o 6 de decembro, ocupando o stand 41. Con motivo da efeméride, a asociación presentará durante a feira o froito da súa colaboración con Rei Zentolo. Trátase dunha serie de deseños que homenaxea á revista Nós e outra na que se utiliza o humor como maneira de darlle promoción o dominio.

+ máis

Socio de Honra 2015 do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia

31/07/15

O Colexio Oficial  e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia ven de fallar os seus premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

.

+ máis

PuntoGal celebra o Día de Galicia cunha baixada de prezo

20/07/15

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2015.- PuntoGal, o dominio galego en internet, celebra este ano o día de Galicia abrindo nesta semana unha promo que se estende por 3 meses ata o 20 de outubro. O .GAL segue a medrar contando con dominios rexistrados de institucións, entidades sen ánimo de lucro, empresas e cada vez mais particulares. As páxinas deben ter, canto menos, unha parte dos seus contidos na nosa lingua ou facer referencia á nosa comunidade.

+ máis

Por Decreto a administración pública en internet será .GAL

21/05/15

 A día de hoxe, publicouse no DOG o DECRETO 74/2015, do 13 de maio que regula a organización da presenza na internet na administración galega baixo o dominio .gal. Este decreto será de aplicación a todos os órganos e entidades da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. A finalidade é a proxección dunha imaxe homoxénea da presenza da Administración xeral e do sector público autonómico baixo o dominio .GAL.

+ máis

Queres o teu dominio .GAL?

Se estas a buscar información sobre o que significa ter un dominio .gal, as vantaxes e como obter o teu dominio, temos unha web onde podes atopar toda a información que precisas . Accede a www.dominio.gal é o que estas a buscar.+ máis

O PuntoGal para...

Enquisa

Cal é o principal motivo polo que rexistrarías un dominio .gal?


© Asociación Puntogal